top of page

Ábrense as inscricións para gozar do balneario de Cuntis co programa Vai de auga que promove o Pino

O prezo é de 70 euros e inclúe o desprazamento gratuíto en autobús por conta do Concello


Laura Moure/O Pino

O Concello do Pino promove un ano máis o exitoso programa Vai de Auga, que leva á veciñanza a gozar do circuíto lúdico termal do balneario de Cuntis. As persoas beneficiarias poderán gozar dun total de cinco sesións no Acquaform con saída

dende a Praza do Concello todos os mércores pola tarde entre o 3 de maio e o 7 de xuño,

agás o 17 de maio por ser o Día das Letras Galegas.

Participantes desta iniciativa o ano pasado.

O prezo do programa é de 70 euros e inclúe tanto as sesións termais como o desprazamento gratuíto en autobús, posto que o financia o Concello do Pino. En concreto,

as saídas a Cuntis faranse os días 3, 10, 24, 31 de maio e 7 de xuño. O autobús partirá ás 16.30 horas da Praza do Concello e regresará ao remate da sesión.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

As persoas interesadas en participar no programa Vai de auga teñen que chamar á Casa da Cultura ao número de teléfono 981 511 065 para reservar a súa praza. Lémbrase que, no caso de que se apunten menores, deberán estar supervisados por unha persoa adulta e

tamén que as prazas son limitadas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page