HOMENAXE EN MELIDE A ESCRITORES E ESCRITORAS O 17
dom, 17 may
|Rua do Convento


Horario e localización
17 may 2026, 12:00 – 14:30
Rua do Convento, Rua do Convento, Melide, 15800 Melide, A Coruña, España
Sobre o evento
O Concello de Melide, a través da Concellería de Cultura, que dirixe Ana Mosteiro, e por iniciativa do Museo da Terra de Melide, homenaxea escritores e escritoras falecidos que naceron ou viviron na vila coa colocación de doce placas conmemorativas nas casas nas que residiron. A iniciativa desenvólvese baixo o lema ‘O Melide das Letras’.
A proposta busca converter estes inmobles en espazos de memoria para que o legado literario e cultural que deixaron non sexa esquecido co paso do tempo e para que as novas xeracións coñezan e valoricen a historia literaria e cultural de Melide.
As 12 placas homenaxean a doce escritores e unha escritora relacionados coa creación
literaria, a investigación histórica, o ensino e a difusión da cultura popular melidense.
As placas colocadas son as seguintes:
Eduardo Álvarez Carballido, médico-cirurxián e historiador de Melide, na Rúa do