mar, 31 ago
|Silleda
Exposición: fotos enxebres - Casa da Cultura de Silleda
A mostra inaugurouse este luns 16 e poderá visitarse ata o 31 de agosto de 9:00 a 14:00 horas con entrada gratuíta.
Horario e localización
31 ago 2021, 14:00
Silleda, Rua do Progresso, 41, 36540 Silleda, Pontevedra, España
Sobre o evento
A sala de exposicións Manuel Colmeiro da Casa da Cultura de Silleda acolle unha exposición de fotos enxebres, organizada polo veciño de Laro José García, que ao longo do ano leva a cabo distintas iniciativas, entre eles moitas solidarias. A mostra inaugurouse este luns e poderá visitarse ata o 31 de agosto de 9:00 a 14:00 horas con entrada gratuíta.
As gañadoras deste concurso de fotos enxebres (todas as imaxes participantes compoñen a mostra) son Mari Presas, Rosa Rozas e Rocío Taboada.
"Grazas a todos e todas unha vez máis por participar no concurso. Foi moi bonito recordar os tempos dos nosos avós e das nosas avoas e foi grazas a vós senón isto non sería posible", agradece José García. "Este é o último concurso que fago este ano. Vou descansar ata o ano que vén que teño novos e xa vos irei dando pistas", avanza.