

Horario e localización
12 jul 2025, 20:00 – 22:30
Arzúa, Arzúa, La Coruña, España
Sobre o evento
A Praza de Galicia de Arzúa convertirase o vindeiro sábado 12 de xullo no epicentro da música pop-rock coa primeira edición do “Camiño Pop”, unha nova proposta impulsada pola Concellería de Turismo que busca animar o verán con boa música e ambiente festivo.
A cita arrancará ás 20:00 horas e está pensada como un tardeo musical de 4 horas, no que soarán os mellores temas dos anos 80, 90 e 2000, nunha experiencia que mestura música en directo, espectáculo e nostalxia. A entrada será de balde.
O prato forte da xornada será o concerto da banda Pop In Black, un grupo formado por músicos profesionais cun repertorio que supera as 100 cancións e que percorre o mellor do pop e do rock en español das últimas décadas. A banda, liderada polo cantante de orixe arzuán Román Mosteiro, destaca non só pola súa calidade musical senón tamén pola posta en escena: visten como os…