ecosdacomarca

abr 61 min.

Víctor Senra e José Murado gañan o 28º Rali do Cocido

Actualizado: abr 7

Os melidenses Alberto Otero e Jordán Vázquez quedan segundos e o terceiro posto é para Alberto Meira e Avelino Martínez

Ecos da Comarca/Deza/Melide

Víctor Senra e José Murado son os vencedores do 28º Rali do Cocido. Tal e como informa a propia organización, os do Citroën C3 WRC foron os máis rápidos e regulares "nun complicadísimo Cocido".

Murado e Senra son os vencedores. Fonte: Rali do Cocido.

Mentres Alberto Otero e Jordán Vázquez, de Melide, quedaron segundos "despois de realizar un moi bo rali". Pola súa banda, Alberto Meira e Avelino Martínez ocuparon a terceira praza e lograron a vitoria no Supercampionato R5.

Clasificación no enlace: https://www.atodomotor.com/online/2024/dococido/general/

Publicidade

O equipo de ECOS DA COMARCA estamos traballando para ofrecervos nos vindeiros días un vídeo que recolle os distintos momentos desta edición.

Máis información deste rali no enlace:https://www.ralidococido.com/

    0