ecosdacomarca

19 de feb de 20211 min.

Veciños critican o mal estado da estrada que enlaza os concellos de Touro e O Pino

Laura Moure

O estado que presenta a estrada que une os municipios de Touro e O Pino, antes de chegar ao Pedrouzo, está provocando queixas entre os veciños. Laméntase do estado que presenta este tramo e o malestar que lles ocasiona, en especial para todas aquelas persoas que teñen que viaxar por aquí a cotío. Concretamente, falan do traxecto que une Bama (Touro) co Pedrouzo (O Pino).

Instan ás administracións competentes a que arraxen "dunha vez por todas e ben" este tramo e que "non poñan só remendos que apenas duran", indican. Ademais, apuntan que isto supón un grave perigo. "Bachean nun lado, pero estropease polo outro. Os coches teñen que estar esquivando e aparte hai unha curva bastante pronunciada o que supón un grave risco, que pode ocasionar un accidente. Porque esta zona pasan tanto vehículos pequenos como de gran tonelaxe, como camións de penso porque en Bama hai unha gran explotación Gandería Sar ou está a queixería Queizuar, polo tanto, é un sitio de moito tránsito e aparte de que está practicamente no centro da localidade e é un dos accesos máis importantes, quintando a nacional", recalca un lugareño. Así mesmo, apuntan que "o problema está na parte que corresponde ao concello do Pino, posto que no lado de Touro está perfectamente o firme".

Fotos: Ecos da Comarca

    11