ecosdacomarca
27 de ene de 20221 min.
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
Esta mañá produciuse un accidente na localidade de Antas de Ulla no que se viron implicados unha moto e un coche. O suceso ocorreu sobre ás 12:00 horas.
Un particular alertou ao 112 Galicia para indicarlle que acababa de bater coa súa moto contra un coche ao carón do centro médico de Antas de Ulla. Inmediatamente, dende o 112 informaron ao Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Chantada e ao GES de Monterroso.
Tal e como informa o 112 Galicia na moto viaxaban dúas persoas e unha delas tivo que ser atendida no centro de saúde da localidade.