ecosdacomarca

20 de may de 20221 min.

Un vehículo atropélalle un pé a un viandante na parroquia arzuá de Boente

Ecos da Comarca/Arzúa

Foto arquivo.

Unha persoa quedou ferida esta mañá no municipio de Arzúa. O suceso ocorreu sobre as doce da mañá na parroquia de Boente, diante da igrexa. Tal e como informa o 112 Galicia un vehículo pasoulle por riba dun pé á vitima. Foi un particular o que avisou ao 112 Galicia.

O 112 Galicia alertou a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil, á Policía Local, a Protección Civil e ao Servizo de mantemento de estradas.

    5