ecosdacomarca

15 de ago de 20221 min.

Un ciclista sobre feridas de diversa consideración tras unha caída en Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

Un dos integrantes dun grupo de ciclistas resultou ferido de consideración ao sufrir unha caída cando o colectivo circulaba pola EP-6303, ao seu paso polo concello de Agolada.

O ferido tivo que ser evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago a bordo do helicóptero medicalizado dos servizos sanitarios de urxencia.

O suceso produciuse ás 10:45 horas de hoxe, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para o ciclista, que caera mentres se desplazaba pola estrada que une Brántega a Toiriz.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos profesionais sanitarios, que puxeron en marcha a aeronave con base en Santiago. Unha vez no lugar, o equipo médico tratou de atender ao ciclista e evacualo en helicóptero ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, co obxectivo de prestar apoio ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o 112 pediuse a colaboración dos Bombeiros do Deza, dos membros do GES de Lalín e tamén dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

    3