Laura Moure / IsmaelRS

28 de may de 20231 min.

Touro, o municipio onde todo está por decidir, ante os resultados das eleccións

Laura Moure/IsmaelRS/Touro

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS


Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.

En Touro todo pode pasar ante os resultados obtidos nestes comicios. Teremos que agardar aos vindeiros días para saber quen gobernará neste Concello, liderado ata o momento polo Partido Popular, que non logrou maioría.

Os RESULTADOS son:

  • PP ( 5 concelleiros)

  • Movemento Veciñal de Touro (4 concelleiros)

  • Partido Galego ( 1 concelleiro)

  • BNG ( 1 concelleiro)

No caso de Touro optaban a Alcaldía cinco candidaturas: PP, PSOE, BNG, Movemento Veciñal de Touro e o Partido Galego. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/cinco-candidaturas-optan-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-touro

    5