Laura Moure

6 de dic de 20211 min.

Rodeiro ten aberto ata o 10 o prazo para escoller o cartel do XI Concurso de Carteis Igualitarios

Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro ten aberto o prazo ata o 10 de decembro para escoller o cartel gañador do XI Concurso de Carteis Igualitarios. Presentáronse un total de 16.

"Agradecemos enormemente a cada participante, tanto asociación coma persoas a nivel individual e grupos de mozos e mozas, que dedicasen parte do seu tempo a reflexionar sobre a violencia machista e como loitar contra ela", indica o Concello de Rodeiro. "Cada persoa que desexe votar para elixir o gañador simplemente ten que cumprimentar o formulario que se adxunta escollendo o cartel que máis lle gusta, que cre que mellor representa a idea deste concurso que é sensibilizar aos veciños e veciñas do noso concello sobre a importancia de educar en igualdade e na prevención da violencia de xénero".

O cartel que máis votos obteña será o gañador desta XI edición e será a imaxe da campaña de sensibilización do ano 2022. Para aquelas persoas que teñan dificultades para poder votar dende a web poden acudir ao Centro Cultural Manuel Lamazares para realizar a votación.ata o vindeiro día 10 de decembro.

Poden verse e votarse no seguinte enlace:

https://www.rodeiro.gal/eleccion-do-cartel-ganador-no-x-concurso-de-carteis-igualitarios-2/

    2