ecosdacomarca

28 de nov de 20221 min.

Os VI Premios Exceleite recaen en cinco explotacións de Arzúa, Boimorto, Lalín, Melide e Santiso

Este galardóns recoñecen aos gandeiros máis comprometidos co seu traballo e, polo tanto, coa calidade do leite que producen

Laura Moure/Xeral

Hai uns días entregáronse os VI Premios Exceleite á excelencia higxénico-sanitaria das explotacións leiteiras de leite cruda de vaca 2022. Houbo cinco galardonadas nas comarcas en concreto de Arzúa, Boimorto, Lalín, Melide e Santiso. As premiadas na imaxe:

Trátase de recoñecer os gandeiros máis comprometidos co seu traballo e, polo tanto, coa calidade do leite que producen. Os premios “Exceleite” distinguen as granxas en tres categorías en función do seu tamaño (pequenas, medianas e grandes) e, á súa vez, cada unha delas subdivídese en tres grupos, segundo o seu sistema de produción (intensivo, semiextensivo ou extensivo). Recoñécense ademais especificamente as mellores explotacións ecolóxicas.

Poden optar a estes recoñecementos todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal), de tal xeito que consten na base de datos deste centro os resultados das mostras de leite correspondentes ao período de referencia, isto é, desde agosto de 2021 a xullo de 2022.

As explotacións deberán atoparse de alta no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi) e, no caso das ecolóxicas, deberán estar inscritas no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), así como cumprir outras características técnicas.

    8