ecosdacomarca

18 de sep de 20221 min.

Os estudantes empadronados no Pino poderán beneficiarse dunha axuda de 300 euros

O Concello concederá 10 bolsas e o prazo para solicitalas rematará o 5 de novembro

Ecos da Comarca/O Pino

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou este martes pasado o extracto das bases reguladoras das axudas para estudantes universitarios ou que cursen ciclos formativos de grao superior no curso académico 2022/23. Os estudantes empadroados no Pino dende hai máis dun ano poderán beneficiarse dunha subvención de 300 euros para financiar os gastos correntes de material, residencia e matrícula. As solicitudes poderán presentarse ata o 5 de novembro.

En total, concederanse dez bolsas de axudas de 300 euros a aqueles estudantes que, reunindo os requisitos, acrediten os ingresos familiares máis baixos, cun límite de crédito orzamentario de 3.000 euros. No caso de que unha vez efectuada a avaliación o número de axudas supere o límite máximo do crédito dedicado á subvención, resolverase a favor das solicitudes cuxos ingresos familiares sexan menores.

Pode descargar o extracto das bases publicado no BOP do día 13, así como as bases e os anexos que se deben presentar para solicitar as axudas desta convocatoria nos arquivos adxuntos. Os anexos poden consultarse no seguinte enlace:

https://opino.gal/es/as-axudas-do-concello-para-estudantes-universitarios-e-de-fp-de-grado-superior-poden-ser-solicitadas-ata-o-5-de-novembro/

    6