ecosdacomarca

6 de jun de 20231 min.

Orixínase un incendio nun pendello que almacenaba palla en Rodeiro

Ecos da Comarca/Rodeiro

Este martes orixinouse un incendio nun pendello do municipio de Rodeiro. O 112 Galicia foi alertado escasos minutos das 13:30 horas. O suceso ocorreu no lugar de Bardelás, na parroquia de Carboentes.

Foto de arquivo.

Tal e como informa o 112 Galicia no inmoble había almacenada palla, tal e como lles informou os Bombeiros de Deza, que a media tarde continuaban no lugar para arrefríar a zona. "Ademais, indicáronos que un tractor estivo removendo a palla e sacándoa ao exterior unha vez que quedou controlado o lume", sinala o 112.

Ademais dos Bombeiros de Deza, o 112 Galicia tamén informou ao GES de Lalín, á Protección Civil de Rodeiro e á Garda Civil.

    2