ecosdacomarca

25 de mar de 20231 min.

O silledense Joselu marca nun minuto dous goles que lle dan a vitoria a España fronte a Noruega

Ecos da Comarca/Silleda

O silledense Joselu acaba de facer historia este sábado coa Selección Española de Fútbol. Marcou dous goles nos minutos 84 e 85 o que levou a España a ganar 3-0 contra Noruega.

O dianteiro do Espanyol entrou no campo no minuto 81 e fíxoo por todo o alto logrando a vitoria de España en escasos minutos. Foi Dani Olmo o que estrenou o marcador, no minuto 13.

Parabéns ao noso xogador das comarcas pola súa brillante traxectoria que quedou máis que demostrada no partido de hoxe!! Sen dúbida unha gran elección a de Luis de la Fuente!

    4