Laura Moure

6 de ago de 20211 min.

O Mercamelide celebrarase o 13, 14 e 15 de agosto e contará cunha actuación musical cada día

Actuarán Xabier Díaz & Adufeiras, a Banda da Loba e Garufa Blue devils Big Band

Laura Moure/Melide

Melide acollerá a súa tradicional feira de stocks de verán baixo o nome de Mercamelide, que terá lugar os días 13,14 e 15 de agosto no Cantón de San Roque. Desta volta, o Concello programa varias actuacións paralelas á feira de stocks, todas elas de balde.

Así, o venres 13, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre actuarán as 22:00 horas no aparcadoiro situado detrás da Capela de San Roque. O día seguinte, será o turno da Banda da Loba, que actuarán ás 22:00 na Praza do Convento. Pechará a feira de oportunidades a orquestra Garufa Blue devils Big Band, ás 21:00 horas no aparcadoiro municipal.

Para os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e da Garufa Blue Devils Big

Band será preciso reservar entrada, cun máximo de 2 por usuario ata completar o

aforo de 500 persoas. As entradas pódense reservar a través da plataforma

www.ataquilla.com

A entrada ao concerto da Banda da Loba, na Praza do Convento, será por orde de

chegada.

O Concello de Melide levará a cabo un dispositivo especial de control para que os concertos se poidan realizar con seguridade sanitaria, velando polo estrito

cumprimento dos protocolos sanitarios existentes.

    2