ecosdacomarca

29 de mar de 20231 min.

O GTR logra bos resultados na Serra do Xistral e destaca o bronce de Belén Riádigos

Ecos da Comarca/Deza

Tres corredores/as do Galaico Trail Run (GTR) desprazáronse ata a Serra do Xistral para desputar as probas de 24k e 15k do Toxiza Gran Trail, que organiza o Toxiza Club de Montaña.

Na proba de 24k, que tiña uns 1.400+, participaron Tamara García e Belén Riádigos. Destacaba pola súa gran dureza, pero tamén pola fermosura das paisaxes. Este trail foi a primeira proba da Copa de Galicia da Federación Galega de Montañismo.

Cabe destacar o resultado de Belén Riádigos, quen trouxo un bronce para a casa na categoría absoluta.

Pola súa banda, Toño Alvarellos volveu aos montes, tras un período afastado por problemas físicos, para participar na 15k (800+).

    3