ecosdacomarca

16 de ago de 20221 min.

O Concello do Pino lamenta actos vandálicos na pista de pádel de Lameiro

A pasada fin de semana tamén entraron no polideportivo

Ecos da Comarca/O Pino

"Deste xeito tan lamentable amenceron hoxe as pistas de pádelde Lameiro. E non é a primeira vez nestes últimos días na que os vándalos a toman con elementos urbanos que son propiedade de toda a veciñanza do Pino: a pasada fin de semana entraron no polideportivo e tamén deixaron mostras da súa mala educación", lamenta o Concello.

Por fortuna, indica, que "a Garda Civil anda xa detrás da pista dos responsables. Todo parece indicar que son rapaces da zona. Porque as cousas de todos e de todas hai que coidalas aínda máis, esiximos respecto".

    3