Laura Moure

7 de jun de 20212 min.

O Concello de Silleda personarase na demanda interposta por Plenoil

A empresa presentou un recurso contencioso administrativo conta a Xunta por non autorizar a declaración de impacto ambiental para a instalación dunha gasolinera low cost

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda personarase na demanda interposta pola empresa Plenoil, como parte co demandada. En días pasados, a Xunta de Galicia, -que advirteu que non procedía formular a declaración da incidencia ambiental da gasolinerira proxectada en Barrio do Campo-, emprazou ao Concello para personarse tamén neste contencioso.

Manuel Cuiña.

“Dende o Concello, como fixemos dende o inicio deste proceso, estaremos ao lado da veciñanza, xa que non estamos tampouco de acordo co emprazamento proposto”, explica o alcalde, Manuel Cuiña. O rexedor lembra ademais que a resolución de Medio Ambiente veu dada polo informe realizado dende o Concello de Silleda con data de 14 de xaneiro, no que se advierte que o uso solicitado non é compatible co Plan Xeral aprobado provisionalmente para o municipio de Silleda.

“Ganamos esa primeira batalla, pero como era de esperar, agora a empresa recurreu a decisión, e seguiremos personándonos nesta demanda amosando o noso apoio ao non estar de acordo ca ubicación proposta”, engade. O Concello de Silleda, ao igual que moitos veciños da zona, presentou ademais deste informe unha alegación o pasado mes de xaneiro, centrándose en cuestións relacionadas coa afección ambiental nunha zona onde exiten humedais ou mantantiais. Así mesmo tamén se considerará o feito da existencia dunha estación de servizo moi preto da ubicación proposta.

O modelo de autoservizo, sen persoal que atenda, tamén apunta cara a unha diminución da seguridade nunha actividade que require atención constante polo tipo de produtos que se subministran. “Sempre dixemos que non nos gustaba a ubicación proposta, moi preto de vivendas e preto doutra estación de servizo”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña, que xa mantivo varias reunión cos veciños cando a empresa promotora presentou o proxecto, en outubro de 2019.

“A postura deste goberno municipal é clara e contundente: trataremos de evitar con todos os recursos legais posibles que a gasolinera se ubique nesa parcela”, indica o rexedor.

    6