ecosdacomarca

abr 181 min.

O Concello de Monterroso adquire un tractor cortacéspede

Ecos da Comarca/Monterroso

O Goberno local do Concello de Monterroso vén de recepcionar nun taller da localidade un tractor cortacéspede que se suma á maquinaria da que dispón para as tarefas municipais.

Publicidade

En concreto, este novo vehículo, adquirido cunha axuda ao abeiro do Plan de Cooperación cos Concellos, vai ser empregado na mellora e acondicionamento de xardíns e espazos públicos, así como nas tarefas propias do campo de fútbol municipal.

Publicidade

En canto as características técnicas, o tractor ten unha cilindrada de 656 centímetros cúbicos, dúas cuchillas e unha bolsa con capacidade para 310 litros. Alcanza un peso de 278 kilos.

    0