ecosdacomarca

17 de mar de 20211 min.

O Concello de Melide leva a cabo traballos de mantemento da escola infantil municipal

A actuación, financiada con fondos propios, tivo un coste de 5.000 euros

Laura Moure/Melide

O Concello de Melide levou a cabo tarefas de melloras na escola infantil municipal. A actuación consistiu na limpeza e acondicionamento de canalóns e no lavado e pintado da fachada.

Estos traballos foron financiados con fondos propios por un importe de 5.390 euros.

A escola infantil municipal de Melide.

    5