ecosdacomarca

22 de oct de 20211 min.

O Concello de Melide leva a cabo obras de mantemento e mellora na Fonte de San Xoán de Furelos

Estase a limpar de mata a contorna e a fronte da fonte, así como reparando diversos elementos da mesma por un importe duns 24.000 euros

Ecos da Comarca/Melide

O Concello de Melide está a levar a cabo na actualidade diversos traballos de mellora na Fonte de San Xoán de Furelos, unha das máis senlleiras da localidade e da que se abastecen veciños e camiñantes. Esta intervención consiste na limpeza da vexetación na contorna e na parte dianteira da fonte e unha serie de obras de mellora que inclúen a reparación de xuntas, arquetas, do cano e da billa de latón.

Este traballo de reparación compleméntase coa construción dun muro en mampostería para o que se está a utilizar pedra do país e que mellorará o conxunto. O importe destes traballos é de 24.116 euros.

    3