Laura Moure

30 de ene de 20231 min.

O Concello de Melide colabora coa igrexa parroquial na retirada dos niños de cegoña

A actuación conta coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente

Laura Moure/Melide

Esta mañá comezaron os traballos de retirada de dous niños de cegoña, ubicados na cornixa da torre do campanario e na do cupulín da Igrexa de Sancti Spiritus de Melide.

Os traballos de retirada dos niños responden principalmente a unha cuestión de seguridade, tal e como informa o propio Concello. "Tanto polas súas dimensións como polo peso e ubicación, supoñen un risco elevado de desprendemento sobre a vía pública o que afecta a seguridade dos viandantes", subliña.

A retirada dos niños, pese que as cegoñas figuran como especie de fauna silvestre

protexida, foi autorizada pola Consellería de Medio Ambiente trala solicitude realizada

polo Concello de Melide.

A colaboración entre o Concello de Melide, a igrexa parroquial e a empresa local,

Suministros Industriais Cire, que facilitou de balde a maquinaria necesaria para acceder

ata a ubicación dos niños, fixo posible a realización desta actuación.

    4