ecosdacomarca

26 de ene de 20221 min.

6.000 clientes do núcleo urbano e parte do rural de Lalín sen luz debido á caída dunha árbore

Ecos da Comarca/Lalín

Unha parte importante do municipio de Lalín atópase sen luz. Tal e como informa Naturgy xa se localizou a avaría. "Foi debido a caída dunha árbore sobre a liña aérea, talada por un maderista", sinala a empresa. Isto está afectando a uns 6.000 clientes do núcleo urbano e parte do rural. "Ían retirar a árbore para reparar e recuperar o subministro eléctrico o antes posible", informou a empresa a este medio pasados uns minutos da unha do mediodía.

Como é de esperar cando hai unha avaría no subministro eléctrico está afectando ás distintas actividades e negocios así coma ao día a día dos veciños. Por exemplo, dende o centro de saúde de Lalín o persoal estivo avisando telefonicamente aos pacientes que tiñan algunha cita hoxe para anulala.

A empresa Naturgy informou a primeira hora desta tarde que o servizo quedou reposto ás 15:10 horas.

A árbore caída que provocou a avaría.

    5