Laura Moure

1 de jul de 20221 min.

Nace "Vive o Ulla": unha experiencia turística dun día disfrutando da natureza e a gastronomía

Laura Moure/Touro

Nace "Vive o Ulla": unha experiencia turística dun día disfrutando da natureza e a gastronomía das terras bañadas por este río, promovido por Patrimonea.

Patrimonea e a axencia de viaxes sostibles RUTEART veñen de anunciar un novo paquete turístico que permitirá disfrutar dalgúns dos segredos mellores gardados do Ulla en tan só un día e a escasa media hora de Santiago de Compostela. Estas dúas empresas siguen apostando polo turismo de proximidade e por innovar con produtos turísticos centrados en zonas rurais que se atopan fóra dos grandes circuítos do sector.


 
A experiencia comezará cunha ruta de sendeirismo de 10 quilómetros de dificultade baixa que percorrerá un dos bosques de ribeira mellores conservados de Galicia e permitiralle aos participantes coñecer curiosidades como a plantación de viñedos ao estilo Ribeira Sacra nestas terras en tempos pasados. Ao rematar disfrutarán dun xantar en Casa Louzao (Touro).

Xa pola tarde os puntos de interese serán a visita ao Mirador de Pena, un balcón natural dende o que se divisa o Ulla rodeado de frondosidade, e un percorrido guiado polo Pazo de Andeade (S XVIII). Antes de rematar a xornada despediranse nun bar rural da zona que está situado ao lado do Camiño Histórico a Santiago.


 
Os prezos e o modo de inscrición poden consultarse en: https://patrimonea.wordpress.com/2022/06/23/descubre-a-maxia-das-terras-do-ulla-nun-dia-sendeirismocomida-visita-pazo-de-andeademiradores/ ou no 699 680 217.

    4