ecosdacomarca

27 de nov de 20221 min.

Máis dun cento de persoas camiñou en Palas de Rei contra a violencia de xénero

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Máis dun centear de persoas secundan en Palas de Rei a IV Andaina Contra a Violencia de Xénero, convocada polo Centro de Información a Muller e encabezada pola concelleira de Servicios Sociais e Igualde, Alba Villasante.

Partía da Praza do Concello de Palas este sábado sobre as once da mañá para enganchar un pequeno tramo do Camiño de Santiago e logo dirixirse, como en anos anteriores, polas parroquias de Carballal, Curbian, A Ulloa, San Breixo e rematar no Castelo de Pambre .


 

    3