Laura Moure / IsmaelRS

28 de may de 20231 min.

Monterroso, un municipio onde todo está por decidir ante os resultados electorais

Actualizado: 29 de may de 2023

Laura Moure/IsmaelRS/Monterroso

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS


Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.

Que pasará no Concello de Monterroso? Aquí todo está por decidirse ante os resultados deste 28 M.

OS RESULTADOS son:

  • PP ( 3 concelleiros)

  • PSOE ( 3 concelleiros)

  • Independientes por Monterroso ( 2 concelleiros)

  • Partido Galego (2 concelleiros)

  • BNG (1 concelleiro)

No caso de Monterroso optaban a Alcaldía estas cinco candidaturas: Independientes por Monterroso, PP, PSOE, BNG e Partido Galego. Poden consultarse as listas no seguinte enlace:https://www.ecosdacomarca.com/post/cinco-candidaturas-optan-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-monterroso

    5