Laura Moure

17 de sep de 20211 min.

Miguel Quintela de Santiso e da Escuela Ayude ingresará no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Recibiu unha beca outorgada pola Xunta de Galicia, gracias aos resultados deportivos obtidos nos campionatos autonómicos e de España nesta temporada

Laura Moure/Santiso

O veciño do municipio de Santiso e alumno da Escuela Ayude, de Melide, Miguel Quintela Antelo acaba de recibir unha beca outorgada pola Xunta de Galicia, gracias aos resultados deportivos obtidos nos campionatos autonómicos e de España nesta temporada, tal e como indica a Escuela Ayude.

Miguel Quintela. Autor: Escuela Ayude.

A beca sérvelle para cursar os seus estudos académicos á par da súa formación deportiva no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, sita en Pontevedra, onde poderá compartir xornadas coa élite do deporte galego, ademais de formar parte do equipo de tecnificación da federación galega de loita, disciplina da que son varios deportistas da Escuela Ayude que accederon a esta gran oportunidade. "Agardamos que siga crecendo o número de becados para que sexan o exemplo dos máis mozos, ensinando o camiño para chegar ao máis alto nesta disciplina", recalca a escola.

    5