ecosdacomarca

29 de nov de 20221 min.

Medelo leva mañá os seus talleres á Estrada co fin de sensibilizar polo Día da Discapacidade

Ecos da Comarca/Silleda

O sábado, 3 de decembro, conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Como cadra en fin de semana e o centro de recursos que COGAMI ten en

Medelo (Silleda) está pechado, dende a dirección do centro decidiron adiantar os preparativos conmemorativos desta data.

O centro de Cogami de Medelo, en Silleda. Foto de arquivo.

Mañá, mércores, 30 de novembro, coincidindo con que é un día de feira, estarán na sala da Fundación Abanca do concello de A Estrada a onde trasladarán os talleres ocupacionais para que as veciñas e veciños poidan ver como elaboran en directo os distintos traballos artesanais que deseñan.

Ademais, colocarán un punto informativo para asesorar e sensibilizar sobre o voluntariado,

ao coincidir o 5 de decembro co Día Internacional dos Voluntarios.

    4