Laura Moure / IsmaelRS

28 de may de 20231 min.

María Jesús Novo repitirá como alcaldesa de Boimorto

Laura Moure/IsmaelRS/Boimorto

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS


Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.

María Jesús Novo do Partido Popular volverá ser a rexedora de Boimorto durante os vindeiros catro anos. Así o decidiu a veciñanza cos seus votos.

Os RESULTADOS son:

  • PP ( 6 concelleiros)

  • PSOE ( 2 concelleiros)

  • BNG ( 1 concelleiro)

No caso de Boimorto optaban a Alcaldía tres candidaturas: PP, PSOE e BNG. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/tres-candidaturas-buscan-facerse-coa-%C3%A1-alcald%C3%ADa-de-boimorto

    4