Laura Moure / IsmaelRS

28 de may de 20231 min.

Luis Calvo do PAYJ volve gañar as eleccións en Agolada

Laura Moure/IsmaelRS/Agolada

ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2023. RESULTADOS


Despois da intensa campaña electoral, hoxe, domingo, foi a quenda dos veciños. Co seu voto decidiron en toda España quen ocupará a súa Alcaldía ao longo destes vindeiros catro anos. Os centos de veciños das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa pasaron polas urnas. Cabe mencionar que en total nos 17 municipios había 60 candidaturas.

Luis Calvo, do PAIJ, seguirá ocupando a Alcaldía de Agolada. Así o decidiu a cidadanía este domingo a través das urnas.

Os RESULTADOS son:

  • PAYJ (6 concelleiros),

  • PP (4 edís)

  • BNG (1 concelleiro).

No caso de Agolada optaban a Alcaldía cinco candidaturas: PAYJ, PP, BNG, Xunt@s por Agolada e Agrupación Rural. Poden consultarse as listas no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/cinco-candidaturas-loitar%C3%A1n-para-facerse-coa-alcald%C3%ADa-de-agolada

    11