Laura Moure

5 de jun de 20231 min.

Esta semana levarase a cabo traballos de limpeza das marxes da AC-840 no concello de Boimorto

Laura Moure/Boimorto

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza e acondicionamento nas marxes de dúas estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa e de Verín.

 

Na provincia da Coruña, as novas tarefas desenvolveranse na estrada AC-840 no concello de Boimorto.

Tamén se iniciarán novas actuacións nas marxes da estrada OU-310, nos municipios de Verín e de Vilardevós.

Ademais proseguirán os traballos xa en marcha nas últimas semanas, como os que se están a acometer na vía de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1); e na estrada PO-223, no concello de Pontevedra.

 

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas, e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

Os obxectivos deste programa son previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

    1