ecosdacomarca

14 de ene de 20221 min.

Entrega dos premios Carné Xove da campaña de Nadal da Asociación de Empresarios de Deza

Ecos da Comarca/Deza

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, fixo esta tarde entrega dos premios Carné Xove enmarcados na campaña de Nadal levada a cabo pola Asociación de Empresarios de Deza (AED). A directora xeral salientou os múltiples beneficios que esta tarxeta ofrece á mocidade galega, xa que dá acceso a numerosos descontos e vantaxes en establecementos e entidades galegas.

Na entrega de premios celebrada hoxe sorteáronse tres IPhone13 entre os usuarios posuidores do Carné Xove da Xunta de Galicia que mercaron algún produto nos comercios asociados desde o pasado 4 de decembro e que publicaron un comentario no perfil de Instagram da AED co hastag #ONadaldeLalínmola. As gañadoras foron Sandra Fernández Soto, María A. Mato e Paula Gutiérrez Silva.

NOTICIA RELACIONADA:

    2