ecosdacomarca

7 de dic de 20211 min.

En marcha en Palas de Rei a campaña de recollida de alimentos 'Operación quilo'

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei, en colaboración coa Igrexia Parroquial, pon en marcha como en anos anteriores, unha campaña de recollida de alimentos, denominada Operación Quilo, para ser repartidos antes das datas do Nadal ás familias máis necesitadas.

A doazón de alimentos non perecedeiros (conservas, arroz, legumes, pasta, aceite, produtos de hixiene persoal, de limpeza, etc…..) poderán depositarse nas caixas de cartón que estarán colocadas nos seguintes lugares: Igrexia Parroquial de San Tirso e nos Supermercados Día, Eroski, Mercarural, e Covirán.

O Concello agradece a participación.

    2