ecosdacomarca

30 de nov de 20211 min.

Dúas persoas feridas nun accidente na AP-53 á altura do municipio de Lalín

No sinistro víronse implicados dous vehículos

Ecos da Comarca/Lalín

Sobre ás dúas da tarde deste martes produciuse unha colisión entre dous vehículos no municipio de Lalín. O suceso tivo lugar na AP-53 en dirección Santiago de Compostela, tal e como informa a este medio o 112 Galicia.

Un particular foi o que avisou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) indicando que podía haber feridos. O 112 Galicia avisou a Urxencias Sanitarias de Galicia, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Deza e ao Servizo de Mantemento de Estradas.

Seguidamente, os bombeiros comunicáronlle ao 112 Galicia que había dúas persoas feridas que tiveron que ser trasladas a un centro sanitario.

Autor: Ecos da Comarca.

    8