IsmaelRS

26 de sep de 20221 min.

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 26 de setembro

Actualizado: 27 de sep de 2022

Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de O Pino, Santiso, Sobrado dos Monxes, Rodeiro e Toques

IsmaelRS/Xeral

LUNS 26 SETEMBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 26 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de O Pino, Santiso, Sobrado dos Monxes, Rodeiro e Toques.

Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos só con un concello libre de afectados, é o caso de O Pino. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.

Na comarca dezá, contamos só con un concello libre de afectados, é o caso de Rodeiro. Pola súa parte Agolada, Dozón, Lalín, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Na comarca Terra de Melide, contamos con tres concellos libres de afectados, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.

Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos contan con afectados. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

    5