IsmaelRS

17 de oct de 20211 min.

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 17 de outubro

Contamos con catorce municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques. Hoxe baixa desta lista o municipio de Melide

IsmaelRS/Xeral

DOMINGO 17 OUTUBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 17 de outubro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con catorce municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques.

COMARCA LIBRE DE COVID / Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipio están libres de covid: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.

Na comarca dezá contamos con catro municipios libres de casos Covid, é o caso de Agolada, Dozón, Silleda e Rodeiro. Pola súa parte Lalín e Vila de Cruces están nunha escala entre 1-9 afectados dende fai varias xornadas.

Na comarca Terra de Melide contamos con tres municipios libres de casos: Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra dende hoxe o municipio de Melide volve contar con casos, despois de varias semanas sin contabilizar ningún, e sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

    6