ecosdacomarca

28 de may de 20231 min.

Unha persoa tivo que ser excarcelada tras sufrir un accidente en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

Onte, sábado, produciuse un accidente en Arzúa que se saldou cun ferido, que tivo que ser excarcelado.

Tal e como informa o 112 Galicia, unha persoa tivo que ser liberada polos bombeiros despois de sufrir unha saída de vía co seu vehículo e caer por un desnivel.

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 poucos minutos antes das sete horas para informar da situación do vehículo, que saíuse da vía á altura do punto quilométrico 60 da N-547, e solicitar axuda para unha persoa que resultara atrapada no seu interior.

Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso ao equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arzúa e tamén aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no punto, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento liberaron ao ferido, que puido ser atendido polo equipo médico e evacuado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Ademais, informaron ao 112 que foi necesario cortar unha das barreiras de seguridade da vía para facilitar a retirada do turismo sinistrado polo guindastre.

Desde o 112 tamén informouse aos efectivos de Protección Civil de Arzúa e ao servizo de mantemento das estradas.

    2