ecosdacomarca

16 de ago de 20221 min.

Colisión entre dous vehículos en Palas de Rei

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Esta mañá produciuse unha colisión entre dous turismos en Palas de Rei, sobre ás 9:30 horas.

Tal e como informa o 112 Galicia unha persoa tivo que ser trasladada ao centro médico da localidade. O 112 avisou a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, a Protección Civil de Palas, o GES de Monterroso, que foron dos primeiros en chegar, e o GES de Friol/Palas.

    4