ecosdacomarca

14 de ago de 20231 min.

Colisión de dous coches no coñecido como 'cruce dos oitos', en Santiso

Ecos da Comarca/Santiso

Este luns tivo lugar un accidente no municipio de Santiso que se saldou só con danos materiais. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 18:29 horas. Tratouse dunha colisión entre dous coches no coñecido como cruce dos oitos.

Un dos coches afectados. Autor: Ecos da Comarca.

En concreto, tal e como informa o 112 Galicia, foi na estrada DP-4063. "O particular que nos avisou indicounos que había persoas feridas, pero non de gravidade", sinala o 112. Con estes datos deu aviso á Garda Civil de Tráfico, a Urxencias Sanitarias e tamén informou aos Bombeiros de Arzúa.

Publicidade

ECOS DA COMARCA desprazámonos ao lugar e un dos axentes da Garda Civil confirmounos que realmente non houbo feridos, polo que non fixo falta trasladar a ninguén.

    0