Laura Moure

20 de sep de 20211 min.

Buscan a Óscar Gil Otero, un veciño de Lalín que leva en paradoiro descoñecido dende esta madrugada

Laura Moure/Lalín

Buscan a un veciño de Lalín que leva desaparecido dende esta madrugada, tal e como indica a súa irmá. Trátase de Óscar Gil Otero.

Foi visto por última vez a noite do domingo na súa casa de Lalín, e tal e como informou súa a irmá, deixou na vivenda o teléfono e as chaves do coche.

Óscar Gil, o desaparecido en Lalín

Prégase difusión para dar co seu paradoiro. Se ten algunha información que axude a dar con el pode poñerse en contacto con este xornal (ecosdacomarca@gmail.com) ou ca Garda Civil.

    9