IsmaelRS

17 de may de 20221 min.

As comarcas terán hoxe martes os ceos nubrados e con chuvascos ocasionais

IsmaelRS/Xeral

Hoxe martes unha nova fronte activa chegará a Galicia polo oeste traendo unha mañá de ceos parcialmente nubrados e chuvias máis intensas e persistentes nas comarcas atlánticas, que irán remitindo co avance da tarde. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará do suroeste moderado con intervalos fortes no litoral ao principio da xornada., tal e como comenta MeteoGalicia

Fonte: MeteoGalicia

    7