Laura Moure

22 de jun de 20211 min.

Aparece en Carmoega unha pomba mensaxeira das desorientadas nunha competición en Portugal

Laura Moure/Agolada

Na parroquia agoladesa de Carmoega apareceu este luns unha pomba mensaxeira. Chegou á casa do veciño José Manuel Dopazo. Este exemplar pertence ao grupo de pombas que se desorientou hai dúas fins de semana en Portugal cando estaban participando nunha competición.

A pomba atopada en Carmoega.

Esta proba estaba organizada pola Federación Portuguesa de Columbofilia e participaban unhas 10.000 aves. Estaban realizando a carreira Algarve-Oporto (Portugal) e as fortes tormentas que afectaron ás costas atlánticas da Península provocaron que parte delas se desorientaran e están sendo localizadas en distintos puntos de Galicia e de Asturias, sobre todo.

Este veciño estívoa coidando e avisou ao alcalde do municipio, Luis Calvo. Protección Civil de Agolada desprazouse este martes pola mañá a Carmoega para ir a recollela. O Concello xa comunicou o
 
achado para que volva canto antes ao seu destino.

    7