ecosdacomarca

1 de jun de 20221 min.

Andrés Álvarez Toirán novo director da Escola Banda de Música de Antas de Ulla

É natural de Láncara, ten 28 anos e ocupa o posto do agoladés Javier González Borrajo

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A Escola Banda de Música de Antas de Ulla ten novo director, tras decidir deixar o cargo, despois dunha década, o agoladés Javier González Borrajo. Trátase de Andrés Álvarez Toirán, de 28 anos e natural de Láncara (Lugo).

Comezou os seus estudos profesionais de música no Conservatorio Xoán Montes de Lugo e rematou no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela. Posteriormente, cursou os estudos superiores de música no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.

“A Banda de Música de Antas é un ben cultural moi importante para a vila, xa que leva o seu nome alá onde vai”, sinalou Andrés Álvarez Toirán nunha entrevista publicada polo propio Concello. Toda a entrevista no seguinte enlace: http://www.concellodeantas.org/web/banda-musica-antas-e-ben-cultural-moi-importante-vila-xa-leva-seu-nome-ala-onde-vai/?fbclid=IwAR0J9X3ayQb7yw0ejBQRHKyMbQR4ycWBjP_KHmt3xM1ztAE4fRHc8Xic5bI

    4