IsmaelRS

27 de jun de 20221 min.

Accidente con feridos en Castrofeito no Concello do Pino

IsmaelRS/O Pino

Foto arquivo

Temos que dar conta dun segundo accidente na mañá deste luns, sobre as 7:30 horas, produciuse un choque por alcance entre dous turismos, na estrada A-54 á altura de Castrofeito, no concello do Pino.
 

A voz de alarma deuna unha das persoas implicadas no sinistro, na que asegurou que acababan de chocar contra outro vehículo. Na mesma chamada trasladaba o 112 Emerxencias, que entre as persoas implicadas no suceso, había persoas feridas, sen precisar de cantos eran nin a gravidade das feridas e aseguraba que non había persoas atrapadas.
 

 
Con estes datos, o 112 Emerxencias, deu aviso a Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Arzúa e Bombeiros de Santiago de Santiago de Compostela.

    9