ecosdacomarca

abr 241 min.

A Xunta licita as obras de mellora do firme en cinco estradas, entre estas unha ao seu paso por Sobrado

 O prazo de presentación de ofertas por parte das empresas remata o 20 de maio

Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou este martes por importe de 2.023.870 euros as obras de mellora do firme en cinco estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña. A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta contratación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 20 de maio. Os traballos contan cun prazo de execución de 5 meses.

O obxectivo é mellorar as características funcionais da vía e súa seguridade viaria en varios treitos das estradas AC-136, AC-221, AC-230, AC-542 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo.

As actuacións consistirán na rehabilitación superficial localizada do firme das estradas, restaurando ou mellorando as características superficiais do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade. Tamén se realizarán melloras na drenaxe, a sinalización, nos sistemas de contención e no balizamento, así como a limpeza de gabias existentes.

Publicidade

No que vai de ano a Xunta leva licitados traballos de mellora do firme nas estradas autonómicas da provincia da Coruña por importe de preto de 10,8 M€. O Goberno galego continúa a traballar para manter as vías de titularidade da Xunta nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, destinando neste exercicio 53 M€ á súa conservación.

    0