ecosdacomarca

16 de feb de 20211 min.

A residencia de maiores de Palas de Rei abrirá as súas portas no mes de marzo

A residencia de Palas de Rei.

Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei informa que no mes de marzo abrirá as súas portas a residencia de maiores, situada na Avenida de Lugo número 7, promovida pola Residencia Palas S.L.

"Isto significará a apertura do primeiro centro destas características na nosa comarca da Ulloa. O Concello de Palas de Rei colabora de maneira activa coa Residencia Palas S.L., para que todos os veciños do municipio, que así o precisen, poidan acceder dunha forma preferente e nunhas condicións vantaxosas", apunta o goberno local.

    6