ecosdacomarca

27 de nov de 20211 min.

A Policía Autonómica esclarece un incendio no Concello de Silleda

Esclareceron un lume ocorrido o pasado 19 de novembro na parroquia de Santiago de Breixa

Ecos da Comarca/Silleda

A Policía Autonómica, en colaboración con axentes ambientais da Administración autonómica, esclareceu un incendio forestal no concello pontevedrés de Silleda.

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica con sede en Santiago esclareceron un lume

ocorrido o pasado 19 de novembro na parroquia de Santiago de Breixa, no que se viron

afectados 6.700 metros cadrados de monte arborado.

Froito da investigación, os axentes identificaron a unha persoa como presunta autora do

incendio debido a unha posible neglixencia á hora de realizar unha queima de restos forestais. As dilixencias por estes feitos remitíronse ao xulgado de garda de Lalín.

Foto Arquivo

    6