ecosdacomarca

3 de nov de 20211 min.

A parroquia arzuá de Burres rexistra unha saída de vía

O accidente ocorreu na noite do martes

Ecos da Comarca/Arzúa

O municipio de Arzúa rexistrou na noite do martes unha saída de vía. En concreto, o suceso ocorreu na N-547 á altura da parroquia de Burres.

Foto arquivo.

O 112 Galicia foi avisado cerca das 22:30 horas polo propio 061, que alertaba de que a persoa non tiña que ser trasladada e indicaba que o suceso ocorreu nunha zona perigosa por tratarse dunha curva.

Alertaron, ademais de Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros de Arzúa, a Protección Civil e á Policía Local da localidade e ao servizo de mantemento de estradas.

Cabe mencionar que non foi o único accidente rexistrado nas últimas horas en Arzúa. Na parroquia de Boente tivo lugar outro. Toda a información deste no enlace:

https://www.ecosdacomarca.com/post/unha-persoa-ferida-nun-accidente-en-boente-no-que-se-viron-implicados-tres-vehículos

    6