ecosdacomarca

22 de jun de 20211 min.

A Marea Veciñal de Touro levará a pleno unha baixada do IBI

E tamén a creación dun servizo de conciliación "axeitado ás necesidades das familias durante as vacacións escolares"

Ecos da Comarca/Touro

A Marea Veciñal de Touro levará a pleno prdinario do vindeiro venres unha proposta para rebaixar o tipo impositivo do IBI ata o 0,40% no presente exercicio.

O Consistorio de Touro.

Autor: Ecos da Comarca.


 
A agrupación veciñal denuncia "que o goberno presidido por Ignacio Codesido, agora por Alfredo Souto como substituto, subeu a recaudación da contribución un 7% en plena pandemia", algo que consideran "abusivo e que atenta contra a propia veciñanza nun momento de crise". "Mentres a veciñanza ve como suprimen servizos imprescindibles como pediatría ou se adican fondos públicos a remunerar con soldos astronómicos a concelleiras do PP sen función nin beneficio algún para o municipio, o goberno municipal segue asfixiando as economías familiares", incide.

No mesmo pleno tamén levará propostas para a creación dun servizo de conciliación axeitado ás necesidades das familias durante as vacacións escolares ou a creación dunha ordenanza regulatoria da feira do día 5 "que remate coa desorganización e o caos existente".

    7